"Tenemos una visión y queremos compartirla"

Proxecto Central de Compras

Descrición do proxecto

Xestión dos socios da central

Os usuarios administradores da central de compra poderán xestionar a alta de novos socios , crear os produtos para socios entendidos como as diferentes cuotas a pagar polos socios para a súa alta coma socios da central de compra, confirmar o pagamento destas cuotas por parte dos socios , consultar os listados de socios segundo diferentes criterios e dar de baixa socios.

O grupo de usuarios de socios da central de compras non poderán acceder a esta funcionalidade.

Definición das formas de pago

Os usuarios administradores da central de compras poderán administrar as diferentes formas de pago existentes podendo efectuar altas , baixas e modificacións dos rexistros correspondentes.

Os socios da central soamente terán a posibilidade de consultar as diferentes formas de pago sen poder modificalas.

Consulta de produtos

Calquera usuario da aplicación poderá consultar o listado de produtos dispoñibles e engadir novos produtos.

Dentro da consulta de produtos poderase consultar tamén as diferentes familias de produtos, tarifas, prezos e condicións de compra e venta.

Tamén poderemos listar os produtos segundo diferentes criterios coma o nome, o código, o tipo de producto, a categoría, o estado, o responsable do producto, se está activo, a compañía, a marxe de prezo ou a cantidade en stock.

Xestión de alianzas e acordos: acordos con proveedores de produtos

SRM (Suppliers Relationship Management : Xestión das relacións cos proveedores)

Os usuarios administradores da central de compras poderán dar de alta , modificar ou eliminar os rexistros sobre as alianzas e acordos firmados cos proveedores.

Os socios soamente poderán consultar estas alianzas, non terán permisos para dalas de alta, baixa ou modificalas.

Consulta de ofertas remitidas polos proveedores

Existirá un menú onde os socios consultarán as ofertas presentadas polos proveedores, o cal será un listado de produtos en oferta.

Os socios soamente poderán consultar o listado sendo os usuarios administradores da central os que darán de alta , baixa e modificarán as correspondentes ofertas.

Xestión de ordes de compra : Creación e consulta dos pedidos por parte dos socios.

Cada socio poderá facer pedidos directamente ós proveedores, esta é unha das principais funcionalidades do software.

Os socios soamente poderán acceder ós seus pedidos , sendo este un importante requisito de seguridade.

Soamente os usuarios administradores da central poderán consultar tódolos pedidos de tódolos socios.

O proceso de creación dun pedido ven descrito polo fluxo de traballo descrito na anterior sección, onde se especifica que un pedido pode ser ou non confirmado, pode ser ou non aprobado polo proveedor e pode convertirse nun albarán, nunha factura ou nas dúas cousas.

Xestión de Devolucións

Cada membro poderá crear devolucións e consultar o seu historial e estado de devolucións.




Código fonte

Este software está suxeito a licenza de código aberto GPL. Vostede e libre de descargar, modificar e redistribuir o código fonte entregado.


Descargar o código fonte do proxecto (Zip 20.7 MB)

Documentación de usuario e desenvolvemento

Pode acceder a wiki do proxecto onde se mantén toda a documentación sobre o deseño, desenvolvemento e tamén a documentación de usuario.


Consulta a documentación na wiki do proxecto.


Xunta de Galicia Fondo Europeo