"Tenemos una visión y queremos compartirla"

Proxecto ERPAberto

Obxeto e finalidade do proxecto

Hoxe día, a preocupación das empresas respecto do seu negocio está a cambiar de forma constante. Isto supón que teñen que facer un esforzo de adaptabilidade que lles permita seguir sendo competitivas e manter a responsabilidade.

Os negocios deben compartir a información rapidamente, non soamente dentro da súa organización, senón tamén externamente con toda a súa cadea de aprovisionamento. Moitos negocios acumulan información que non comparten e a complexidade e o custo do mantemento da mesma esta sempre aumentando.

Para dar unha resposta e solución a esta situación que hoxe día viven as empresas, realizouse o proxecto DESENVOLVEMENTO E IMPLANTACIÓN DE ERP PARA A XESTIÓN DE PEMES, sendo o obxectivo principal do mesmo axudar e impulsar ás empresas para enfrontarse aos retos da tecnoloxía e do negocio que se atopa en continuo cambio. Coa presente memoria xustificamos as actividades realizadas.

A solución ERP, ferramenta crave do proxecto, componse de todas as actividades relacionadas coa xestión administrativa e de traballo necesaria para o desenvolvemento da actividade diaria das empresas.


Proxecto cofinanciado

Logo do IGAPELogo da Consellería de Economía e Industria




Código fonte

Este software está suxeito a licenza de código aberto GPL. Vostede e libre de descargar, modificar e redistribuir o código fonte entregado.


Acceder ao código fonte do proxecto

Documentación do proxecto

Pode acceder ao sitio do proxecto onde se publica a documentación, código fonte e novidades no proxecto.


Consulta a documentación na wiki do proxecto.