
En Softic queremos xogar un papel importante na sociedade na que desenvolvemos a nosa actividade. Queremos chegar a ser unha organización sustentable desde todos os puntos de vista: Cunha xestión financeira responsable, cunhas políticas socio-laborais que nos fagan destacar dentro do sector e que nos permitan incorporar ao noso persoal ás persoas mellor cualificadas, e, por último, con actuacións que minimicen o impacto ambiental que poidamos causar ao noso entorno.
Así, é a nosa intención desenvolvernos introducindo a responsabilidade social corporativa nos nosos plans estratéxicos, permitindo participar ás nosas partes interesadas e entaboando un diálogo con elas, de tal xeito que poidamos incorporar as súas expectativas á nosa xestión da organización.
É por todo isto que no ano 2007 decidimos adherirnos ao Regulamento EMAS, obtendo a verificación do noso sistema de xestión ambiental nese mesmo ano. Desta maneira, controlamos os nosos impactos ambientais e tentamos minimizalos na medida do posible.
Agora queremos dar un paso máis, e, en novembro 2008, realizamos un diagnóstico da situación da empresa en materia de responsabilidade social empresarial. As conclusións deste diagnóstico foron:
Diálogo cos grupos de interese:
Hai unha boa relación cos grupos de interese. Sistematizáronse os canles de suxerencias e inquedanzas, a través dun buzón se participación na páxina web.
Políticas laboráis
Existe paridade de sexos na dirección. Hai certa flexibilidade nos horarios para conciliar a vida familiar coa laboral.
Aspectos económicos
É un dato positivo a productividade do emprego, que sinala que a eficiencia comercial por termo medio dos traballadores é moi elevada.Outra fortaleza dos aspectos económicos da empresa céntrase no aumento do número de clientes, a pesar da forte competencia.
Aspectos ambientáis
Os aspectos ambientáis son unha fortaleza clara da organización, que, como diciamos antes está adherida ao regulamento EMAS. No marco do seu sistema de xestión ambiental a empresa planifica obxectivos ambientáis a cumprir ao longo do ano, que lle permiten controlar e minimizar os seus impactos ambientáis no entorno.
A partir dos resultados do diagnóstico vaise establecer un plan de actuacións que será executado nos vindeiros meses. Despois se avaliará para comprobar a súa eficacia e se comunicarán os resultados aos grupos de interese, a través dunha memoria de sustentabilidade.
- MEMORIA SUSTENTABILIDADE 2008 (pendente)


Asistencia remota








